Víctor Fábregas, no papel de Fernando Simón, volve traer ao ‘Land Rober Tunai Show’ a súa hilarante Fasevisión

0
31

Compartirá escenario e humor co Rei Emérito e con Isabel Pantoja, outras das personaxes máis queridas polos seguidores do programa

Víctor Fábregas, no papel de Fernando Simón, volve traer ao 'Land Rober Tunai Show' a súa hilarante Fasevisión

Santiago, 14.05.2020.-  O ‘Land Rober Tunai Show’ volve levar a domicilio o mellor do seu humor este xoves á noite. O estudio do programa acollerá, nesta edición, un festival que vai ser un desfase: a Fasevisión! Víctor Fábregas, no papel de Fernando Simón, verase as caras con outros famosos, como o Rei Emérito, Isabel Pantoja e outro convidado que vai dar que falar.  
Ademais, coñecerase como están levando os galegos a desescalada e os primeiros días de «terraceo». Isto vai dar que ver! Chega tamén unha nova entrega de ‘Que gardas aí?’, onde o público terá que resolver se é verdade ou non! Moi atentos para participar!
 
E como o público manda, hoxe coñecerase con quen están confinados os seguidores do programa. Será verdade que a convivencia desgasta?
 
Isto e moito máis con Roberto Vilar, Eva Iglesias e Luis Zahera este xoves, a partir das 22.10 h na Televisión de Galicia.

Fuente Crtvg.es