Victoria Rodríguez, directora do ‘Galicia por Diante Fin de Semana’, finalista do Premio Periodístico da Sociedade Española de Cardioloxía

0
18

Santiago, 19.10.2020.-    O espazo ‘Sabes como facer reanimación cardiopulmonar básica? Onde están os desfibriladores? Reclámaos’, emitido no programa ‘Galicia por Diante Fin de Semana’ da Radio Galega, é un dos finalistas do Premio Periodístico SEC-FEC, da Sociedade Española de Cardioloxía.

O espazo, realizado por Victoria Rodríguez, conta coa colaboración do cardiólogo José Ramón Juanatey, chega deste xeito á fase final na categoría ‘Medios Audiovisuais’,onde compite con dúas reportaxes de Castilla-La Mancha Media Radio e Antena 3 Noticias.

Os premiados coñeceranse durante o e-Congreso SEC 2020 da Saúde Cardiovascular, que se celebrará o vindeiro 29 de outubro. Este Premio Periodístico SEC-FEC ten como obxecto recoñecer xornalistas que co seu traballo constribúen a ampliar a difusión do coñecemento das enfermidades cardiovasculares entre a poboación xeral e os sectores especializados.

A Radio Galega emite ‘Galicia por Diante Fin de Semana’ os sábados e domingos entre as 8.00 h e as 12.00 h do mediodía. Os dous días realízase unha entrevista en profundidade ás once da mañá e reportaxes de temas de actualidade. En canto ás colaboracións, os sábados fálase de lingua galega na sección ‘Apalabradas’ e de gastronomía en ‘A gusto de Vieira’. O domingo é o día para falar de viaxes, de cardioloxía e de dereito.

Fuente Crtvg.es