'Visualización Big Data', mentorizado pola CRTVG, un dos catro proxectos gañadores do R Dico Challenge

0
1

Santiago, 17.07.2019.-  A CRTVG participou hoxe na Cidade da Cultura, en Compostela, no denominado ‘Demo Day’, unha xornada que pecha a primeira edición do programa de startupsR Dico Challenge, en que se expuxeron os logros e avances de 4 proxectos desenvolvidos dentro do plan da aceleradora de contidos dixitais de R ao longo dos últimos meses. A finalidade destas catro iniciativas foi idear xogos para a mente, teatro en realidade virtual, trámites áxiles e intelixencia televisiva, esta última levada a cabo co apoio da Corporación.

Un destes proxectos premiados, Visualización Big Data, desenvolveuse co soporte do servizo de Innovación e Negocio da CRTVG, co impulso do seu director Xosé Pereira, e da xefa de Innovación Esther Medina, quen foi mentora de Mario Pérez (‘Galopiño’) de Datanimbo Consulting. O traballo de Mario Pérez consistiu na posta en marcha dun sistema de ‘machine learning’ orientado a afondar no coñecemento das comunidades de programas de televisión. Segundo Esther Medina, “contribúe a detectar comunidades reais nas redes sociais de programas en directo da TVG e, polo tanto, a un maior coñecemento dos espectadores”.

Con esta xornada remata a primeira edición de startupsR Dico Challenge, en que se presentaron un total de 42 propostas. O comité avaliador estivo composto por un representante da CRTVG, dous de R e dous da AMTEGA. No caso do servizo de Innovación da CRTVG, durante o proceso de seguimento e desenvolvemento mantivo un contacto directo co emprendedor, que dispuxo tamén dos medios e infraestruturas do ente público para preparar o seu reto.

Na foto superior, mentores e autores dos proxectos. Fonte da imaxe: Clúster Audiovisual.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here