Volven as mellores traiñeiras ás rías galegas e á CRTVG, onde arranca tamén a nova tempada da 2ª B de fútbol

0
5

Santiago, 23.08.2019.-   Os medios públicos galegos ofrecerán esta fin de semana o regreso a augas galegas da máxima categoría de traiñeiras da liga ACT, para disputar a II Bandeira Concello de Bueu – Gran Premio Teccarsa-Rehau-Roto e a XXIX Bandeira Concello de Boiro. Este sábado, ás 20.30 horas, comeza, amais, unha nova tempada de 2ª B de fútbol na CRTVG cun derbi provincial na primeira xornada, que xogarán no estadio de Pasarón Pontevedra e Coruxo, dous dos catro equipos galegos na categoría de bronce.

Despois de cinco anos, a competición da Eusko Label Liga volve este sábado, ás 18.00 horas, a Bueu. Pola súa parte, a tradicional regata de Boiro terá lugar ao día seguinte, a partir das 11.30 horas. A embarcación Cabo, a única galega no torneo, situada no posto oitavo da clasificación, será a anfitrioa o domingo na ría de Arousa.

E o domingo, a G2 e a web da CRTVG ofrecerán tamén, ás 19.00 horas, o arranque da 3ª División de fútbol, co partido que xogarán C.D. Choco e R.C. Deportivo Fabril en Redondela.

Co inicio desta tempada de fútbol, comeza tamén, en directo, o espazo ‘En Xogo’, que achegará os resumos, as declaracións dos protagonistas e as principais xogadas de cada xornada.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here