#XabarínTV reforza a súa oferta de series e música en galego para gozar estas vacacións

0
5

Santiago, 25.06.2019.- A canle #XabarínTV ofrece 24 horas ao día de series e música en galego para os nenos e nenas que xa están de vacacións de verán. #XabarínTV emite sen anuncios debuxos animados feitos en Galicia e cerca de 90 videoclips que xa se poden ver na web de crtvg.es, na de xabarin.gal e tamén a través da App para dispositivos móbiles do Xabarín. A rapazada pode gozar, entre outras producións, de ‘Os Bolechas One, Two, Three’, para aprender inglés cos seus personaxes favoritos; de ‘Cocorico’, baseada no libro infantil homónimo; de ‘BraulioTuber’, onde un dos protagonistas dos Bolechas visita diferentes colexios da xeografía galega, ou de ‘A tropa de trapo’, que conta as aventuras dun grupo de animais de trapo.

Ademais das series, en #XabarínTV poden verse e escoitarse preto de 90 videoclips míticos da galega como ‘A verdadeira historia de Carmiña Vacaloura e Pepiño Grilo’, ‘Non todo é o que parece’, ‘In the ocean’, ‘Que ghallo é!’ ou ‘Somos do clube da galega’, entre outros himnos do programa que este ano celebrou o seu 25 aniversario. Todos estes ‘Xabaclips’ están tamén colgados na canle de Youtube do Xabarín.

Todos os contidos están ademais dispoñibles na App para os dispositivos móbiles do Xabarín, que permite velos en streaming con WiFi e 3G. Esta aplicación incorpora un control parental desde os 3 ata os 14 anos.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here