Yallo e Vanessa confirman esta noite en ‘Casamos!’ que o seu amor pode con todo

0
54

A partir das 23.10 h, a historia de amor desta parella que se coñceu cando ambos os dous estaban casados e que superou a oposición das familias á súa relación

Yallo e Vanessa confirman esta noite en 'Casamos!' que o seu amor pode con todo

Santiago, 07.02.2023.-    Vanessa e Yallo, os protagonistas desta semana do programa ‘Casamos!’, levan media vida xuntos. Coñecéronse hai 20 anos grazas a uns familiares comúns e, a pesar de que os dous estaban casados, non puideron frear a atracción que sentían o un polo outro.

A súa relación comezou coas familias de ambos en contra, ao que se lle sumou a paternidade repentina de Yallo. Ao longo dos anos, a parella evolucionou, casando de diferentes maneiras e por distintos ritos. Esta será a súa sexta voda.

Fuente Crtvg.es