A cantante Melody encherá de ritmo o primeiro ‘Land Rober Tunai Show’ do ano

0
28

Como a volta do Nadal esixe coidarse un pouco dos excesos, visita o programa (21.55 h) o doutor Manuel Viso para poñer un pouco de orde en ‘Como comes?’

A cantante Melody encherá de ritmo o primeiro 'Land Rober Tunai Show' do ano

Santiago, 12.01.2023.-    O ‘Land Rober Tunai Show’ celebra este xoves o primeiro programa do ano cunha artista dos pés á cabeza: Melody. A sevillana chega disposta a pintar a mona no espazo da TVG.

E, como a volta do Nadal esixe coidarse un pouco dos excesos, visita o programa o doutor Manuel Viso para poñer un pouco de orde en ‘Como comes?’. A isto hai que sumarlle unha nova entrega dos ‘Piosos’. Desta volta van a un maratón. A saber que pasará…

Todo isto, e moito máis, con Roberto Vilar, Eva Iglesias, Miguel Canalejo e Víctor Fábregas, esta noite, a partir das 22.00 h na Televisión de Galicia.

Fuente Crtvg.es