Intentarán escoller a máis valiosa dunha ducia de cousas, entre as que atoparán unhas lámpadas, unha lambetada e un confesionario
Santiago, 09.01.2023.- Esta noite, o programa ‘Lixo ou Tesouro’ (22:40 h), que presenta María Mera, recibirá á parella composta por Charlie e Gema para achegarse ao fascinante mundo dos obxectos misteriosos.
O desafío do programa da TVG será, coma sempre, será descubrir o obxecto máis valioso dunha lista de doce, en que figuran nesta entrega unhas lámpadas, unha lambetada ou un confesionario, entre outras cousas.
Ao longo de tres roldas e coa tensión en aumento en cada unha delas, os espectadores descubrirán se os concursantes son quen de dar cos valores reais das propostas do programa. Ata o último momento, non se desvelará o premio que entregará esta noite ‘Lixo ou Tesouro’.
Fuente Crtvg.es