Os reformadores do programa (22:40 h) acabarán perseguidos pola policía e terán que poñer en práctica todas as súas habilidades conciliadoras
Santiago, 07.01.2023.- O programa de reformas ‘Imos ao choio’ marcha hoxe ata o concello pontevedrés de Sanxenxo. Inda e Julio terán que enfrontarse a un encargo sen demasiados patróns. Dunha banda, desde a inmobiliaria que a xestiona o inmoble queren construír un chillout; doutra, unha das propietarias non tolera este cambio, nin outros que se propoñen, e, a maiores, outras dúas irmáns, tamén donas do inmoble, acabarán a berros pola herdanza.
E, entre conflito e conflito, Julio e Inda rematarán perseguidos pola policía. Nesta nova entrega de ‘Imos ao choio’, os reformadores terán que facer uso, máis que nunca, das súas habilitades para que todo o mundo quede contento.
Fuente Crtvg.es