Tamén se unirán ao programa (21:55 h) María Mera e César Romero, presentadores de ‘Noite Xigante’, o novo concurso que a TVG estrea o sábado
Santiago, 18.01.2024.- Esta semana visita o ‘Land Rober Tunai Show’ un pintamonas dos pés á cabeza. Chega ao estudio do programa Albert Infante. O showman vai ter que andar con ollo para adiviñar, entre varios grupos de música, cal deles é real. Vai haber festa asegurada…
Por se fose pouco, tamén se unirán ao programa desta noite María Mera e César Romero, os presentadores do novo concurshow que estrea este sábado a TVG e que une os conceptos de espectáculo e concurso: ‘Noite Xigante’.
Por outro lado, a alcaldesa de Traspazos convocará o pobo porque ten algo que anunciar… e a cousa ten que ver coa coroa de Dinamarca. Ademais, ‘Land Rober Tunai Show’ contará cun aliado, o actor Marcos Pereiro, e, coma sempre, co humor de Roberto Vilar, Eva Iglesias e Miguel Canalejo.
Fuente Crtvg.es