‘Cos Pés na Terra’ regresa este martes á TVG con novas historias de homes e mulleres que apostan por construír a súa vida no campo

0
27

O programa (22:40 h) coñecerá nesta ocasión unha nai de día, un avicultor e unha muller que reparte o seu tempo entre a súa horta e o seu posto na praza

'Cos Pés na Terra' regresa este martes á TVG con novas historias de homes e mulleres que apostan por construír a súa vida no campo

Santiago, 16.01.2024.-     As pequenas e grandes historias de homes e mulleres que apostan por construír a súa vida no campo regresan este martes á Televisión de Galicia cunha nova temporada do programa ‘Cos Pés na Terra’. Coma sempre, cada edición terá tres protagonistas que amosarán o seu esforzo e tesón e que explicarán como saen adiante cada día, con esforzo e esperanza.

No programa desta noite, os espectadores aprenderán coa mestra Iria o que é ser nai de día na súa casa niño, un proxecto educativo a través do cal coida dos pícaros da súa aldea na súa casa. Con eles vivirán unha fermosa xornada de convivencia entre pequenos e maiores.

‘Cos Pés na Terra’ tamén ten hoxe unha cita con Milo e todos os alados cos que comparte unha aventura onde nunca faltan os ovos. O equipo do programa visitará a súa horta con produto exótico e degustará o froito do seu esforzo. Finalmente, con Bea, o espazo da TVG asistirá a unha dura xornada de traballo que transcorre entre a praza de Ribadeo e os seus cultivos en Foz.

Fuente Crtvg.es