‘Imos ao choio’ enfróntase esta noite á reforma dunha casa do rural galego chea de inventos

0
57

Sen querer, farán unha desfeita cun deles, o que non deixará de traerlles problemas durante toda a intervención

'Imos ao choio' enfróntase esta noite á reforma dunha casa do rural galego chea de inventos

Santiago, 14.01.2024.-    Un domingo máis, Inda e Julio, os reformadores do programa ‘Imos ao choio’ (22:45 h), enfrontaranse á reforma dunha casa do rural galego. Nesta ocasión coñecerán a Lino, un propietario cunha fascinante historia e que ten a casa chea de inventos. Sen querer, farán unha desfeita cun deles, o que non deixará de traerlles problemas durante toda a reforma.

Ademais, Inda recibirá unha interesante oferta, visitarán un estudio de televisión, alguén quererá mercarlles a furgoneta e mesmo terán que negociar coa comisión de festas da parroquia.

Fuente Crtvg.es