Esta noite compiten cantando e bailando na ‘Sala G’ os presentadores da TVG para ver quen ten o mellor programa

0
52

Santiago, 13.01.2024.-    O presentador Arturo Fernández vólvese poñer á fronte da ‘Sala G’ (22:45 h), que, na súa terceira entrega, volverá contar con DJ Rockiño e mais co actor Fran Nogueira para lembrar os populares locais de festas dos anos 80.

O concurso musical, que xa tivo como protagonistas as orquestras galegas e os talent show da TVG, estará dedicado este sábado aos programas e series da canle pública. Competirán cantando e bailando para coroarse na ‘Sala G’ o actor de ‘Saudade de ti’ Adrián Castiñeiras; Marcial Mouzo, presentador de ‘Quen anda aí?’; Lucía Veiga, por ‘Malicia Noticias’; David Espiño, por ‘Hora Galega’, e a copresentadora de ‘Luar’, Esther Estévez. A audiencia poderá ver como se desenvolven fóra da súa faceta habitual e que tal andan de dotes artísticas, e tamén gozará cunha actuación sorpresa moi especial, que deixará abraiados os propios concursantes.

Ademais, esta noite a ‘Sala G’ trae unha novidade, unha nova orquestra que substituirá a Los Satélites, cos que garda algo de relación, e que foi creada para este programa, Os Meteoritos

Fuente Crtvg.es