Tras 18 anos de relación, Carlos e Xaco celebran esta noite a súa voda en ‘Casamos!’

0
36

Coñecéronse nunha festa e celebran o seu amor escapando das tradicións nupciais

Tras 18 anos de relación, Carlos e Xaco celebran esta noite a súa voda en 'Casamos!'

Santiago, 08.01.2023.-   Carlos e Xaco son hoxe os protagonistas da historia de amor de ‘Casamos!’ (22:40 h). Coñecéronse hai 18 anos. Unha churrascada con amigos comúns foi a escusa perfecta para coincidir por primeira vez. Despois dun primeiro bico apaixonado ese día, puxeron data para a súa primeira cita. Desde entón, seguen a celebrar cada ano o aniversario daquel encontro.

Con todo, a monotonía afectou a parella, pero non acabou cunha relación en que venceu o amor. Agora, ‘os nenis’, como os coñecen os seus familiares e amigos, casan nunha voda que rachará con todas as tradicións.

Fuente Crtvg.es