Luís Iglesia, un dos actores galegos máis queridos, pintará esta semana a mona no ‘Land Rober Tunai Show’

0
23

O novo ano comezará con nova polémica en Pazos e, ademais, volve o xogo do momento: o ‘A quen te pareces?’

Luís Iglesia, un dos actores galegos máis queridos, pintará esta semana a mona no 'Land Rober Tunai Show'

Santiago, 11.01.2024.-    Esta semana visita o estudio do ‘Land Rober Tunai Show’ (21:55 h) un dos actores  máis queridos, a pesar de ser moitas veces dos malos malísimos: Luís Iglesia, que será posto a proba e que vai descubrir do que son capaces os galegos. Porque hai moito talento raro aquí.

Por outro lado, o novo ano comeza con nova polémica en Pazos. Desta volta, o alcalde visitará ‘As tardes de Marilú’ para anunciar un cambio radical na súa vida. Ademais, chegará unha nova entrega do xogo do momento: volve o ‘A quen te pareces?’. Que dobres de famosos visitarán hoxe o programa?

Todo isto e moito máis, coma sempre, co humor de Roberto Vilar, Eva Iglesias e Miguel Canalejo, esta noite na Televisión de Galicia.

Fuente Crtvg.es