A CRTVG, distinguida polo seu labor divulgativo das enfermidades raras nos Premios Referente 2023 de Anasbabi Ciliopatías

0
35

Rosa Vilas, adxunta ao director xeral da Corporación, recolleu o premio no transcurso da gala anual da entidade

A CRTVG, distinguida polo seu labor divulgativo das enfermidades raras nos Premios Referente 2023 de Anasbabi Ciliopatías

Santiago, 02.10.2023.-    A Corporación de Radio e Televisión de Galicia foi premiada polo seu traballo na visibilización e divulgación arredor das enfermidades raras na gala anual da entidade Anasbabi Ciliopatías celebrada este venres pasado en Laias (Cenlle, Ourense). Recolleu o galardón Rosa Vilas, adxunta ao director xeral, que agradeceu na súa intervención o premio “polo que supón de recoñecemento ao traballo dos profesionais da televisión e da radio galegas”.

Anasbabi Ciliopatías é a asociación sen ánimo de lucro que presta soporte e apoia a investigación das enfermidades raras centradas nas ciliopatías (diferentes enfermidades monoxénicas dexenerativas como a enfermidade poliquística renal, a nefronoptise, a retinose pigmentaria, a síndrome Bardet Biedl, a síndrome Joubert e a Meckel, etc.).

No marco do acto, foron tamén premiados profesionais e entidades de toda Galicia que apoian o labor da entidade, que investigan en distintos eidos ou que traballan no sector socio sanitario na atención directa a pacientes afectados por enfermidades raras.

Fuente Crtvg.es