A CRTVG estará presente no Festival de Ortigueira e no Atlantic Fest en Vilagarcía

0
25

Os medios públicos ofrecen contidos sobre estas dúas citas musicais que son unha referencia na comunidade polo grande impacto na súa contorna

O ‘Diario cultural’ da Radio Galega emitiuse o xoves desde Ortigueira

A CRTVG estará presente no Festival de Ortigueira e no Atlantic Fest en Vilagarcía

Santiago, 14.07.2023. A Corporación Radio e Televisión de Galicia segue a colaborar e a dar visibilidade a iniciativas culturais tamén no verán. Esta semana é a quenda para o Festival de Ortigueira, e a semana que vén será a quenda do Atlantic Fest, que terá lugar entre o 20 e o 23 de xullo na praia da Concha de Vilagarcía de Arousa. 

O Festival de Ortigueira é un dos festivais folk máis importantes de Europa. Para contalo in situ o equipo do ‘Diario cultural’ da Radio Galega desprazouse este xoves ao recinto do evento para facer un programa especial dedicado ao festival ortigueirés que está a celebrarse desde o día 9 ata o domingo 16. 

A seguinte cita será no Atlantic Fest de Vilagarcía, do que a CRTVG é medio oficial e onde os medios públicos contarán o que alí pase entre o 20 e o 23 de xuño a través das diferentes canles de radio, televisión e medios dixitais.

A CRTVG, que tamén estivo cun estudo móbil no Son do Camiño, apoia ao longo do ano eventos e festivais culturais intentando chegar ao máximo número deles posible para amosar a riqueza e variedade da oferta cultural de Galicia en todos os campos das artes.

Fuente Crtvg.es