A CRTVG obtén, por quinto ano consecutivo, o indicador Ardán de Empresa Igual en Xénero

0
24

Santiago, 26.10.2023.- A CRTVG recibiu a acreditación que a recoñece por quinto ano consecutivo como Empresa Igual en Xénero. Este Indicador ARDÁN é outorgado polo servizo de información empresarial desenvolvido polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e que se publica anualmente.

 A CRTVG repite este ano a distinción que xa acadara en 2022, 2021, 2020 e 2019 como Empresa Igual en Xénero. A entidade emisora salienta que a CRTVG se atopa entre o 4 % das 37.000 compañías galegas analizadas en Galicia que alcanza os exixentes criterios para obter este indicador. “É un orgullo para nós contar na nosa terra con empresas que, como a súa, son capaces de alcanzar parámetros que as fan destacar sobre as demais”, destaca o texto.

 
A CRTVG, comprometida coa Igualdade

O indicador Empresa Igual en Xénero recoñece as empresas “que presentan altos valores de igualdade desde unha perspectiva de xénero no eido laboral medida en tres dimensións: igualdade de funcións, igualdade de retribucións e igualdade por actuacións”. 

A CRTVG é modelo de igualdade, tanto na súa programación como nas accións corporativas. Desde a CRTVG, de forma interna e externa, difúndese o máximo respecto á igualdade entre homes e mulleres, na programación e nas políticas de recursos humanos. Ademais, foi a primeira canle pública de España en contar cunhas Recomendacións para o Tratamento da Violencia Machista, emanadas do seu Consello de Administración. 

A CRTVG leva a cabo accións ao longo de todo o ano, e especificamente arredor do Día Internacional para a eliminación da Violencia de Xénero e do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Tamén as campañas de Responsabilidade Social Corporativa da CRTVG, as #AcciónsG, teñen a igualdade de xénero como un eixe transversal.  

Fuente Crtvg.es