A Liga ACT de traiñeiras remata esta fin de semana nos medios públicos galegos coa disputa das bandeiras de Bermeo e de Portugalete

0
21

Santiago, 16.09.2022.-    Despois dun verán cheo de emoción e de espectáculo, a Liga ACT de traiñeiras remata esta fin de semana en augas vascas. Os medios públicos galegos ofrecerán en directo as dúas últimas xornadas da temporada.

Así, o sábado, os espectadores poderán seguir o sábado a disputa da Bandeira de Bermeo, que inclúe a primeira xornada dos playoff das ligas Euskotren (17.35 h) e Eusko Label (18.10 h).

Ao día seguinte, a atención estará posta en Portugalete, onde se disputarán a segunda xornada dos playoff, tanto da competición feminina (11.20 h) coma da masculina (12.00 h), así como a XLVIII Bandeira El Corte Inglés, coas oito mellores tripulacións da Liga Eusko Label. Esta última bandeira disputarase na modalidade de contra o reloxo sempre e cando, tras a xornada do sábado, a diferenza na clasificación entre os dous primeiros sexa de tres puntos ou inferior.

A oferta deportiva da G2 e da web da CRTVG para esta fin de semana contén tamén moito fútbol. A primeira cita co deporte rei será o sábado ás 20.00 h, cando se disputa o partido de Primeira RFEF entre o Rácing de Ferrol e a CyD Leonesa. A Cultural quere seguir medrando no seu duelo na Malata contra un equipo que conta os seus partidos por triunfos.

Xa o domingo, ás 17.00 h, comezará o partido Ourense C. F.-S. D. Compostela, de Segunda RFEF. A xornada pasada, o Ourense deixou os tres puntos no estadio do Marino de Luanco, mentres que o Compostela conseguiu un valioso triunfo como local fronte ao Burgos Promesas.

E ás 19.00 h, como colofón da xornada, ofrecerase o encontro de Primeira RFEF que disputarán o R. C. Deportivo e o Pontevedra C. F. Ambos os dous equipos reencóntranse en Riazor ano e medio despois de que o Depor se impuxera nun duelo a todo ou nada coa ameaza real de caer á quinta categoría do fútbol español. O vitoria ante o Talavera serviulle ao Pontevedra como reforzo anímico despois dun arranque con boas sensacións, pero con poucos puntos. Pola súa parte, o cadro branco e azul afronta o partido coa obriga de mellorar o seu discreto balance de resultados contra os seus veciños nas dúas temporadas anteriores.

Fuente Crtvg.es