A medallista olímpica Teresa Portela e os ‘maliciosos’ Arturo Fernández e Noelia Rey darán este ano as badaladas de Fin de Ano da TVG

0
24

Coma cada ano, Televisión de Galicia recibirá o 2022, en directo, desde a praza do Obradoiro de Santiago de Compostela

A piragüista canguesa é un dos referentes do deporte galego e español durante as últimas décadas, mentres que Fernández e Rey son dúas das caras máis coñecidas da Galega pola súa participación no ‘Malicia Noticias’

A medallista olímpica Teresa Portela e os 'maliciosos' Arturo Fernández e Noelia Rey darán este ano as badaladas de Fin de Ano da TVG

Santiago, 10.12.2021.-    Os espectadores da Televisión de Galicia despedirán este 2021 moi ben acompañados da piragüista Teresa Portela, medallista olímpica e un dos nomes propios do éxito do deporte galego e dos presentadores do ‘Malicia NoticiasArturo Fernández e Noelia Rey, que retransmitirán as badaladas de Fin de Ano desde a a praza do Obradoiro. Con eles conectará minutos antes da medianoite Xosé Ramón Gayoso, o presentador da Gala de Noitevella da Galega.

Con 15 medallas nos Mundiais de Piragüismo, 17 no Campionato Europeo e 5 diplomas olímpicos, Teresa Portela é unha lenda do deporte galego e un dos referentes do deporte español desde hai dúas décadas. Nos Xogos Olímpicos de Tokyo alcanzou o cumio da súa carreira ao conseguir con 39 anos a medalla de prata no K-1 200 m. Ademais, coa súa participación nas últimas Olimpíadas, converteuse na primeira española en competir en seis edicións dos Xogos. Pola súa parte, Arturo Fernández e Noelia Rey son unhas das caras máis coñecidas da TVG, a través do ‘Malicia Noticias’, onde contan, de domingo a mércores, a actualidade dun xeito moi diferente.

Será unha noite en que non faltarán os sorrisos e o bo humor para acompañar a todos os espectadores coas doce uvas da sorte na entrada do novo ano 2022.

Fuente Crtvg.es