A Radio Galega retransmite esta semana a Copa do Rei de fútbol e a ACB de baloncesto en g24.gal/directos

0
72

Santiago, 13.12.2021.-    Esta semana vén chea de deporte. De martes a xoves, a Radio Galega retransmite os partidos da segunda eliminatoria da Copa do Rei de fútbol e o partido adiado do Breogán, na Liga ACB de baloncesto. Os tres días, o programa ‘Galicia en Goles’ emitirase desde as 18.45 h a través das plataformas g24.gal/directos, radiogalega.gal e a aplicación para o móbil.

O martes, o protagonista será o Andorra-Celta de Vigo, desde o Estadi Nacional. O mércores, á mesma hora, Bergantiños-Rayo Vallecano, desde As Eiroas. O xoves abrirá a axenda o Arenteiro-Valencia e logo chegarán o Lugo-Mirandés e o Deportivo-Osasuna, da Copa, e o Bilbao-Breogán, da Liga ACB de baloncesto.

A través da FM, os oíntes terán a información previa en ‘Zona Mixta’, ás 15.00 h; conexións en directo na ‘Crónica dos Deportes’, ás 20.30 h, e o resumo cos protagonistas dos partidos en ‘Ao Contraataque’.

Precisamente, na FM volverá o ‘Galicia en Goles’ coas retransmisións da Liga a partir do venres, co Celta-Espanyol, en Balaídos. A próxima semana, a xornada durará catro días, xa que rematará o luns co Lugo-Almería no Anxo Carro.

Fuente Crtvg.es