A TVG adéntrase no fascinante mundo dos obxectos antigos e misteriosos co novo programa ‘Lixo ou Tesouro’

0
72

Santiago, 17.10.2023.-     Cantas veces sentimos que un obxecto familiar que gardamos na casa podería valer unha fortuna? E se en realidade non fose máis que unha baratixa? Partindo desta premisa, chega esta noite á TVG o novo programa ‘Lixo ou Tesouro’ (22:50 h), un emocionante game show presentado por María Mera e baseado no exitoso formato internacional ‘Trash or Treasure’, que ofrecerá entretemento e curiosidades sobre obxectos cotiáns e peculiares, algúns incriblemente caros e outros, asombrosamente baratos.

‘Lixo ou Tesouro’ permitiralles aos espectadores adentrarse nun fascinante mundo de obxectos antigos e misteriosos. A través da presentadora e de expertos/as neste eido, o programa revelará datos interesantes sobre momentos televisivos, arte, automobilismo, historias do cine, anécdotas de cantantes míticos e tradicións galegas.

En cada entrega, unha parella de concursantes enfrontarase á desafiante tarefa de seleccionar o obxecto máis valioso dunha variada colección. Ao longo de tres roldas, deberán descartar obxectos e tomar decisións estratéxicas para chegar á rolda final, onde se revelará o valor económico do obxecto elixido, equivalente ao premio que conseguirán levar á casa. Un só erro pode custarlles unha fortuna.

As concursantes desta noite serán Sara e a súa avoa Mari Carmen, que afrontarán un desafío claro: seleccionar o máis valioso dunha variada colección de 12 obxectos. A tensión irá en aumento a medida que se descubran os valores reais de cada un deles e ata o final do programa non se saberá que premio levarán.

Fuente Crtvg.es