A TVG retransmitirá o Campionato do Mundo de Motocrós ata o ano 2022

0
9

Despois do éxito das emisións en 2020, a Galega renovou con Infront Moto Racing o acordo para dous anos máis

Os afeccionados galegos poderán seguir toda a actualidade do motocrós na G2 e tamén nas canles dixitais

A TVG retransmitirá o Campionato do Mundo de Motocrós ata o ano 2022

Santiago, 08.02.2021.-   Televisión de Galicia retransmitirá o Campionato do Mundo de Motocrós (MXGP) ata o ano 2022, despois de facerse cos seus dereitos na renovación do contrato con Infront Moto Racing, a entidade organizadora deste evento deportivo.
    
A renovación do acordo por dous anos máis chega despois do éxito das retransmisións de 2020 na grella da TVG. En febreiro do ano pasado, a Galega converteuse na única televisión en España en ofrecer, en aberto e en directo, o Campionato do Mundo de Motocrós, coa estrea do lucense Jorge Prado, bicampión do mundo de MX2, na máxima categoría MXGP. Neste 2021 e o vindeiro 2022, os afeccionados galegos poderán seguir na Televisión de Galicia a traxectoria de Prado, un dos mellores talentos actuais da escena internacional do motocrós.

Os xornalistas deportivos da canle pública comentarán os domingos, en directo, a celebración dos grandes premios. E tamén as redes sociais da CRTVG prestarán unha atención especial a cada unha das probas do torneo.

Fuente Crtvg.es