Este xoves, última oportunidade en ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’ para coarse na gran final

0
29

Santiago, 09.09.2020.-  Despois de dez xornadas cargadas de emocións e interpretacións singulares, ‘A liga dos cantantes extraordinarios’ chega este xoves á súa proba definitiva na antesala da gran final. O programa desta semana será a última oportunidade para catro artistas de ter opcións para seguir na competición e proclamarse como mellor voz desta segunda temporada.  

A deste xoves será a derradeira ocasión para coller un sitio na final xunto cos xa clasificados: Alba Navarro (Los Satélites), Irene Iglesias (Panorama), Monia Borges (Marbella) e Fran Castellanos (Saudade).

Na gala desta segunda semifinal, os nervios estarán á flor de pel, entre Danni Lamas, Marga Vilar, Rita Barreiro, Kris Somad, Diego Barbazán, David Seara, Ana Paz e Nakary Palumbi. Engadido á presión desta edición, nesta cita, todos os concursantes partirán de cero e todos terán as mesmas posibilidades de clasificarse.

Ademais das exhibicións artísticas dos concursantes, contarase coas actuacións do Grupo Mistura, versionando o tema de Sés ‘Canto na Habana’, e do Grupo Batemento, do cal é compoñente unha xa exconcursante e amiga desta gran familia, Yennia.

Fuente Crtvg.es