Lucía e Borja selan en ‘Casamos!’ o seu amor a primeira vista cunha voda galaico-asturiana

0
32

Despois de catro anos de relación, da que naceu o seu fillo Nico, casan na Fonsagrada

Lucía e Borja selan en 'Casamos!' o seu amor a primeira vista cunha voda galaico-asturiana

Santiago, 24.08.2021.-  O programa máis romántico da Televisión de Galicia, ‘Casamos!’ (22.30 h), amosa nesta ocasión como xurdiu o frechazo e a celebración dun dos días máis importantes da vida de Lucía e Borja, a parella galego-asturiana que vai compartir coa audiencia a súa historia de amor, desde os seus comezos ata o día da voda.

Lucía, unha fonsagradina que se mudou a Asturias por traballo, coñeceu a Borja nunha noite de festa en Oviedo. A conexión xurdiu entre eles mentres bebían sidra nunha xuntanza de amigos, e aos poucos días xa comezaron a vivir xuntos. Despois de dous anos marabillosos de vivencias, chegou Nico ás súas vidas, o seu primeiro fillo, triplicando a felicidade da parella e poñendo patas arriba a súa tranquilidade.

Agora, despois de catro anos de relación, Lucía e Borja veñen casar á Fonsagrada para poñerlle o ramo ao seu amor. Esta voda galaico-asturiana promete ser do máis divertida e orixinal.

Fuente Crtvg.es