Miguel Tellado, secretario xeral do PPdG: «A reforma laboral tiña que ser consensuada cos axentes sociais e cos actores políticos»

0
12

Santiago, 07.02.2022.- Miguel Tellado, secretario xeral do PPdG, foi entrevistado este luns no informativo ‘Bos Días’ da Televisión de Galicia, onde se referiu en primeiro lugar ao erro do diputado popular na votación do Congreso dos Deputados en Madrid do pasado xoves. Tellado denunciou que non se permitira votar presencialmente ao deputado popular: “quixo votar persoalmente, anulando o voto telemático e non se lle permitiu. Creo que hai, unha vez máis, un uso e abuso do poder por parte do Goberno socialista, que utiliza todas as institucións ao seu favor, tamén a Mesa do Congreso”.

Arredor da reforma laboral, o secretario xeral do PP de Galicia sinalou que lle gustaría “que fora consensuada pola maioría da cámara ou os partidos principais, PP e PSOE, é a lexislación laboral que ten que crear emprego. Creo que hai un consenso xeneralizado de que a reforma laboral de 2012 aprobada polo Goberno de Mariano Rajoy permitiu crear milleiros de postos de traballo en España durante a última década. Ninguén se opón á súa reforma, pero ten que ser consensuada». Sobre a situación actual, Tellado incidiu: “o PP resérvase acudir ao Tribunal Constitucional para a revisión desa votación»

A conversa abordou tamén o salario mínimo profesional sobre o cal a postura do PP segundo Miguel Tellado é, «a debilidade dun Goberno de coalición, o primeiro na súa historia democrática, obrígalle a aceptar posturas de partidos minoritarios como son Bildu, ERC, que son con quen finalmente goberna Pedro Sánchez (…) A min gustaríame que houbese grandes acordos entre o partido do Goberno e o primeiro partido da oposición”.

Respecto das eleccións en Castela-León do vindeiro día 13, o secretario xeral do PpdG sinalou que “é importante á estabilidade, e Castela León ten que elixir entre estabilidade política ou gobernos de coalición”. «Gustaríanos que o PP en Castela-Leon conseguise unha maioría similar a de Feijóo en Galicia. Esa estabilidade política xera crecemento económico e xera emprego», engadiu.

Cara ás eleccións municipais galegas, Tellado dixo que o PP está conformando os equipos: «o PPdeG é a primeira forza política en 171 concellos dos 313 de Galicia, gobernamos en 159 concellos» e “estamos preparados para reconquistar alcaldías que nunca deberon ser perdidas”, en referenza ás grandes cidades de Galicia. Ao remate da entrevista, e preguntado pola recente renovación no partido socialista en Galicia, Tellado sinalou que  “o PSdG é agora máis dependente da dirección nacional do partido. Aínda máis sumiso que cando o gobernaba Gonzalo Caballero. Creo que Valentín González Formoso representa o `entreguismo´ absoluto a Pedro Sánchez”.

Fuente Crtvg.es