Novidades e estreas de outono nas canles de FORTA

0
29

Santiago, 10.10.2020.- Neste outono de 2020, a programación das televisións públicas autonómicas adaptouse aos seus públicos, con estreas e a renovación dos programas favoritos dos espectadores.

Entre as novidades e novas incorporacións de CRTVG atópanse a estrea do concurso ‘Negocios de familia’, cuxo labor será pór en valor os pequenos negocios familiares e a importancia do emprendemiento; ‘Na mente do asasino’, un novo espazo de debate e investigación sobre os crimes galegos máis coñecidos; os documentais semanais sobre como cambiou Galicia, ‘Tal como somos’, dos sábados e o concurso musical ‘A voltas coa música’, que chegará ás pantallas proximamente.

Canal Sur conta con tres estreas en prime time: ‘El show de Bertín’, programa de entretemento marcado polo carisma e a personalidade do seu presentador, Bertín Osborne; ‘Música para mis oídos’, un espazo musical con artistas, tanto famosos como anónimos, e ‘Tierra de Sabores’, o programa gastronómico que se percorrerá as localidades de Andalucía buscando as mellores receitas tradicionais. ETB1 presenta unha proposta renovada cunha aposta firme polas emisións en directo e a produción propia. En total son cinco horas de directo diarias de actualidade, cultura e entretemento, da man de ‘Ahoz Aho’, o novo magazine ‘Biba Zuek’ e ‘Eztabaidan’. A ficción terá tamén un protagonismo especial. As miniseries ‘Alardea’, ‘Hondar Ahoak’ e ‘Altsasu’ ultiman xa as súas rodaxes e estreas. En ETB2 caben destacar as estreas de ‘Vamos a hacer historia’ e de ‘Que me estás contando’.

O programa ‘Huellas’, centrado en personaxes como Massiel, Luís Miguel ou o clan da Alba; ‘Toc Toc, ¿se puede?’ percorrerá impresionantes casas e curiosas construcións da Comunidade de Madrid; e o programa histórico ‘Desmontando Madrid’, formato estreado o ano pasado na Televisión de Galicia, atópanse entre as novidades de Telemadrid.

RTVC ofrece aos canarios estreas como ‘Gente maravillosa’, sobre o lado bo do ser humano; espazos de entrevistas a personalidades da vida pública, como “Confesiones”; programas baseados na análise de determinados aspectos da actualidade como ‘Trópico Distópico’; ou formatos de humor, como ‘Sota, caballo y rey’. Pola súa parte, TV3 estreará ‘Buga buga’, serie que se desenvolverá nunha lavandaría ou o programa gastronómico ‘Pop up xef’; mentres que CMM busca apoiar os sectores máis castigados pola crise sanitaria a través de programas como ‘Yo me quedo aquí: territorio vivo’, ‘Sirenas azules’ ou ‘Trotacampos’.

À Punt aposta por apoiar ao sector turístico. Desta maneira, presenta tres novos programas: ‘Cara o creu’, ‘El meu lloc al món’ e ‘Loving Comunitat Valenciana’. Ademais, Marta Ventura será a encargada de presentar ‘A la Ventura’, un novo formato de debate. Aragón TV estrea o programa divulgativo ‘Esta es otra historia’, co que descubrir acontecementos históricos importantes ou curiosos dunha maneira divertida e desenfadada; e o concurso ‘Escaparate’, outro formato da Televisión de Galicia que chega a outra televisión autonómica, e co que axuda á recuperación do comercio de proximidade.

‘Balears des de l’aire’, un programa reeditado 15 anos atrás, é a firme aposta de IB3, no que a televisión balear ofrece imaxes das illas gravadas desde un helicóptero e unha cámara 4G.

Éxito asegurado cos programas máis aplaudidos

As canles de FORTA renovan tamén tempadas dos programas e series máis aplaudidos. Na TVG regresaron este setembro os programas máis emblemáticos, entre os que se atopan ‘Luar’, ‘Bamboleo’ ou ‘Land Rober Tunai Show’; series como a tempada final da serie ‘Serramoura’ para os domingos á noite, o espazo de humor ‘Malicia Noticias’, que regresa con novidades e máis colaboradores; ou a undécima tempada do espazo cultural ‘Zigzag’.

CMM recupera o concurso ‘A tu vera’, doce edicións despois da súa estrea, no que artistas amantes da copla compiten por alzarse coa vitoria; ou ‘El pueblo más bonito’ que busca o pobo máis bonito de Castela-A Mancha; mentres que Canal Sur renova o talent show ‘Terra de Talento’ e ‘Un año de tu vida’, o concurso ‘Atrápame si puedes’ ou os programas ‘Esto es lo que hay’ e ‘Los Repobladores’. ‘Ríete tú’ o programa de humor de RTVC volve á grella coa súa divertida proposta; ’El mundo que viene’, conducido polo xornalista Sergio Mirou, abrirá un espazo de reflexión arredor do mundo da cultura; ‘Objetivo Canarias’ ofrecerá crónicas xornalísticas sobre destacados sucesos da nosa historia máis recente; e ‘Equipo 1122’ permitirá pór en valor o traballo dos corpos de seguridade e emerxencias que desenvolven o seu labor en Canarias. TV3 pola súa banda, estrea a cuarta tempada de ‘Joc de cartes?’, a segunda tempada de ‘Persona infiltrada’ que en estar ocasión estará presentada por Marta Tornei; ou o programa de sátira política ‘Polònia’, entre outros.

Programas como ‘Zoom’, ‘Ténto’ e o programa de crónica negra ‘Memòria Negra’ de IB3 renovan temporada, así como ‘Gent de la mar’, ‘Uep! Com anam?’ e ‘Fred i Calent’ que continúan apoiando o consumo local.

Na foto superior, estudio de ‘Na mente do asasino’, programa que a TVG acaba de incorporar á grella.

Fuente Crtvg.es