Nun programa especial dedicado ás Festas do Carme, os espectadores da TVG vivirán toda a emoción e devoción desta data

0
13

Farase un percorrido polas celebracións máis salientables na honra da patroa dos mariñeiros, con parada en vilas como Camariñas, Corcubión, Foz, Marín, Rianxo e Moaña

Nun programa especial dedicado ás Festas do Carme, os espectadores da TVG vivirán toda a emoción e devoción desta data

Santiago, 16.07.2022.-    Este sábado pola noite a Televisión de Galicia ofrece un programa especial dedicado á celebración do día do Carme (22.05 h), a festa máis importante para todos os homes de mulleres do mar. Neste espazo, que propón unha intensa e emocionante viaxe cargada de sentimentos e de devoción, as reporteiras Adela Bértolo, Belén Vara e Raquel Castro farán un percorrido polas festas máis salientables na honra da patroa dos mariñeiros. Deste xeito, pasarán por vilas como Camariñas, Corcubión, Foz, Marín, Rianxo e Moaña.
    
Así, Belén Vara estará no concello de Foz para vivir con todos os seus veciños o seu día máis grande. A impresionante procesión terrestre polas rúas desta vila é o punto forte da celebración.

Adela Bértolo viaxará a Cariño para gozar da secular Danza de Arcos que, por fin, volve este ano. Ademais, a imaxe da Virxe do Carme de Cariño sairá de novo en barco para ser a protagonista da procesión marítima.
    
Pola súa parte, Raquel Castro vivirá en primeira persoa as festas do Carme de Corcubión. Alí, a devoción pola patroa dos mariñeiros mestúrase cos ritmos dos grupos tradicionais e as charangas. As cámaras do programa tamén estarán presentes na divertida Batalla de Flores de Marín e nos preparativos desta festividade en Rianxo e Moaña.

Fuente Crtvg.es