O artista galego Budiño e o dúo gaditano Kiko e Shara poñen música a esta nova edición de ‘Bamboleo’

0
15

Santiago, 28.08.2021.-  ‘Bamboleo’ (22.00 h) contará esta noite coa visita do dúo gaditano Kiko e Shara. Os dous irmáns, que levan xa 15 anos de éxitos, estarán celebrándoo con Xosé Manuel Piñeiro. O programa contará tamén coa presenza dun artista galego que leva percorrido catro continentes coa súa música: Budiño. Os artistas cantarán e contarán as súas novidades e participarán nos xogos dos colaboradores.

Os irmáns Gaviño publicaron o tema ‘Un rayo de luz’ en 2020, unha canción que fala do amor e cuxa presentación se viu condicionada pola pandemia. Esta noite, Kiko e Shara encherán de luz o estudio de ‘Bamboleo’ con esta canción e interpretarán o seu último sinxelo, unha reedición de ‘Puede ser’, un éxito do seu primeiro álbum.

‘Fulgor’ é o título do último disco de Xosé Manuel Budiño, un traballo en que a voz do artista moañés colle protagonismo, e que inclúe ‘Sos’ e ‘Frida’, os temas que esta noite interpretará no ‘Bamboleo’.

A orquestra M-3 ten un novo espectáculo adaptado ás condicións sanitarias e amenizará a noite coas súas versións. No ‘Dirtidansi’, a parella de baile latino formada por Álex e Ornella, que chega desde León, realizará dúas fantásticas exhibicións de bachata.

As dúas participantes do ‘Agora ou nunca’, Sofía López e Lucía Galbán, exhibirán as súas habilidades como cantantes cos temas ‘Happy’, de Leona Lewis, e ‘Corazón salvaje’, de Marcela Morelo.

O Club Deportivo Bamio, de Vilagarcía de Arousa, e o Innae de Taekwondo, de Cambados, serán os que compitan na ‘A jrileira’. Tocará cantar ‘Lo bueno’, de Soraya e Bombai e, a continuación, adiviñar intérpretes. En ‘A ITV do amor’, Santi e a súa parella intentarán confundir un participante de público para conseguir o premio. As risas están aseguradas, xa que os colaboradores chegan coa lingua afiada e con moita gana de pasalo ben.

Fuente Crtvg.es