O Granollers – Cangas da Liga Asobal de balonmán, este venres, en directo, na web da CRTVG

0
6

Santiago,  06.02.2020.-     Este venres, os afeccionados ao deporte e, en concreto, ao balonmán, poderán asistir á retransmisión, en directo, do partido Granollers-Cangas da Liga Asobal a través da web da CRTVG.

Chicho MoldesVíctor García serán os comentaristas deste encontro, que terá lugar este venres ás 20.00 horas no Palau D’Esports de Granollers.

O conxunto catalán rematou a primeira volta impoñéndose 40-35 ao BM Logroño A Rioxa e ocupando a sexta posición da táboa de clasificación, con 15 puntos. Pola súa parte, o Frigoríficos do Morrazo-Club Balonmán Cangas rematouna perdendo a domicilio 29-24 ante o Recoletas Atlético Valladolid, ocupando actualmente o décimo quinto posto da clasificación, con 7 puntos.

Ambos conxuntos agardan acadar a vitoria nesta xornada, sobre todo, o equipo galego, pois na primeira volta só logrou gañar dúas veces en quince xornadas, mentres que o Granollers acumula sete.

Fuente Crtvg.es