O programa ‘Bamboleo’ recibe esta semana o cantante Jorge González e a banda viguesa Maldito Murphy

0
16

Santiago, 12.02.2022.- ‘Bamboleo’ (22:40 h), o espazo de entretemento dos sábados pola noite na TVG, regresa esta semana con Xosé Manuel Piñeiro á fronte e co seu equipo habitual: Claudio Pan, Tamara Pérez, Javi Varela, Damián Cortés e Isi. O programa contará hoxe coa presenza do cantante madrileño Jorge González, que se deu a coñecer tras o seu paso por OT e que estreará en ‘Bamboleo’ o seu novo traballo discográfico, titulado ‘Íntimo’.

Polo escenario do ‘Bamboleo’ pasará tamén a banda viguesa Maldito Murphy, que presenta o seu novo disco, ‘Horizontes’, do que se extrae o tema que interpretarán esta noite: ‘Nubes negras’.

A formación convidada a poñer os ritmos máis festeiros é a orquestra Cinema, unha das máis marchosas de Galicia. No tempo reservado ao baile profesional, o ‘Dirtidansi’, a parella campioa do mundo de salsa, formada por José e María, realizarán dúas exhibicións.

No ‘Agora ou Nunca’, Javier Marval e Martín Gómez subirán ao escenario para cantar os temas ‘Break on through’, de The Doors, e ‘La suavecita’, de Sonora Dinamita. ‘A Jrileira’ convidará a xogar dous clubs deportivos. Trátase de cantar e adiviñar cantantes para gañar un premio e sortealo entre a afección. Cara ao final do programa, chegará a ‘ITV do Amor’, unha proba que tamén ten premio: ou para a parella ou para o participante do público.

Fuente Crtvg.es