O ‘Tupper Club’ enfronta na cociña a actriz Lucía Veiga, o xornalista Marcial Mouzo e o músico Charly Domínguez

0
31

Os tres deberán preparar esta noite (23.10 h) pratos que poidan converterse en tapas de bar

O 'Tupper Club' enfronta na cociña a actriz Lucía Veiga, o xornalista Marcial Mouzo e o músico Charly Domínguez

Santiago, 12.7.2022.-   Como cada martes, chega esta noite unha nova entrega de ‘Tupper Club’ (23.10 h), o exclusivo club gastronómico da Televisión de Galicia, que hoxe recibe a actriz Lucía Veiga, o xornalista Marcial Mouzo e Charly Domínguez, baixista e fundador da banda ourensá de Los Suaves.

Os tres competirán cociñando desde as súas casas e co obxectivo de facerse co cobizado ouro do programa e de ingresar así como membros de honra do ‘Tupper Club’. Álex Iglesias retaraos nesta ocasión a preparar pratos que poidan converterse en tapas de bar. Quen se alzará co triunfo? Como valorará cada un as receitas dos rivais?

Fuente Crtvg.es