Unha nova parella de concursantes intentará esta semana conseguir o premio máis alto de ‘Lixo ou Tesouro’

0
75

Isabel e a súa madriña Rocío adentraranse no fascinante mundo dos obxectos antigos co obxectivo de descubrir o máis valioso dunha variada colección

Unha nova parella de concursantes intentará esta semana conseguir o premio máis alto de 'Lixo ou Tesouro'

Santiago, 31.10.2023.-    Chega esta noite á TVG unha nova entrega do programa ‘Lixo ou Tesouro’ (22:45 h), un emocionante game show presentado por María Mera e baseado no exitoso formato internacional ‘Trash or Treasure’, que ofrece entretemento e curiosidades sobre obxectos cotiáns e peculiares, algúns incriblemente caros e outros, asombrosamente baratos.

A parella composta por Isabel e a súa madriña Rocío serán esta semana as concursantes do programa, que se adentrarán no fascinante mundo dos obxectos misteriosos co obxectivo de seleccionar o máis valioso dunha variedade colección. Do seu tino á hora de escoller dependerá o premio final co que marcharán para a casa.

Como é habitual, ao longo das tres roldas de ‘Lixo ou Tesouro’, irá aumentando a tensión a medida que se descubra o valor das cousas que vaian descartando as participantes, que terán que agardar ata o final do programa para descubrir o seu premio.

Fuente Crtvg.es