Unha parella de filólogos retranqueiros adéntrase hoxe no mundo dos obxectos misteriosos da man de ‘Lixo ou Tesouro’

0
23

Intentarán escoller a máis valiosa dunha ducia de cousas, entre as que atoparán unha caixa, uns abrigos e un ataúde

Unha parella de filólogos retranqueiros adéntrase hoxe no mundo dos obxectos misteriosos da man de 'Lixo ou Tesouro'

Santiago, 26.12.2023.-    O programa ‘Lixo ou Tesouro’ non descansa durante o Nadal e seguirá achegándolles aos espectadores da Televisión de Galicia o fascinante mundo dos obxectos misteriosos.

Nesta ocasión, o espazo presentado por María Mera recibirá a Sara e Pablo, que ademais de ser os mellores amigos, son uns filólogos ben retranqueiros. Coma sempre, presentaráselles unha colección dunha ducia de obxectos, da que deberán intentar escoller o máis valioso. Entre eles, atoparán unha caixa, uns abrigos e un ataúde.

A medida que vaian descartando obxectos, irase descubrindo o valor real de cada un deles. Todo para chegar á rolda final, ao premio que conseguirán os concursantes desta noite, que coincidirá co valor en metálico do elemento co que decidan quedar.   

Fuente Crtvg.es