A 2ª semifinal do All-Ireland de fútbol gaélico, a Copa Galicia de Baloncesto e traiñeiras, en directo, na CRTVG

0
10

Os medios públicos galegos ofrecerán esta fin de semana a Eusko Label Liga desde augas galegas

A 2ª semifinal do All-Ireland de fútbol gaélico, a Copa Galicia de Baloncesto e traiñeiras, en directo, na CRTVG

Santiago, 27.08.2021.-  A G2 comeza esta fin de semana as transmisións deportivas ofrecendo este sábado, ás 16.25 horas, a segunda semifinal do campionato All-Ireland de fútbol gaélico, o torneo máis importante desta disciplina, no que se enfrontarán Kerry e Tyrone.

A continuación, a competición na máxima categoría masculina de traiñeiras volve a augas galegas e, tanto a G2 como a web da CRTVG, ofrecerán a dobre xornada correspondente á Eusko Label Liga, coa disputa da Bandeira Concello de Ares (18.10 h) e o domingo da 39 edición da Bandeira Concello de Moaña (12.00 h).

O sábado, a partir das 19.55 horas, tamén se poderá ver en directo dous grandes do baloncesto na final da 35 edición da Copa Galicia de Baloncesto, no partido que enfrontará o Monbus Obradoiro co Río Breogán no pavillón ferrolán da Malata.

Fuente Crtvg.es