A actriz e cómica Yolanda Ramos visita o ‘Land Rober Tunai Show’ para meterse na pel dunha vendedora de grelos

0
65

Esta noite volven o Xubilados VS Millennials, o reto que une grandes e pequenos, e o ‘Que me estás contando?’, coas palabras máis rebuscadas

A actriz e cómica Yolanda Ramos visita o 'Land Rober Tunai Show' para meterse na pel dunha vendedora de grelos

Santiago, 20.02.2020.-   Este xoves visita o ‘Land Rober Tunai Show’ (22.20 h) a actriz e cómica Yolanda Ramos, que vén pintar a mona e argallar unha boa porque se vai meter na pel dunha vendedora de grelos, das que están ao pé da Nacional 550. Os espectadores coñecerán as razóns de supervivencia desta especie autóctona. Que segredo gardarán os grelos?

Por se fora pouco volve o reto que une a grandes e pequenos: o Xubilados VS Millennials. Quen conseguirá o liderado nesta ocasión? O programa contará tamén cunha nova entrega do ‘Que me estás contando?’ coas palabriñas máis rebuscadas e divertidas. O show está asegurado con Yolanda Ramos.

Pegado á actualidade, o programa abordará o tema que preocupa hoxe en día: o dereito a rañar a barriga no traballo. Desconta ou non no cómputo de horas? Ademais, no show desta noite non faltarán Eva Iglesias e David Perdomo, que farán das súas xunto a Roberto Vilar.

Fuente Crtvg.es