A actualidade da cultura e as propostas dos creadores galegos volven este luns á G2 cunha nova temporada de ‘Zigzag’

0
3

Santiago, 14.09.2020.-    Zigzag, o programa de referencia da cultura en Galicia, volve este luns á G2 despois do parón obrigado pola covid-19. Así, unha temporada máis, a actualidade das artes e as propostas dos creadores galegos manteñen un lugar de seu na grella da canle autonómica con este espazo, que presenta Pilar G. Rego de luns a venres e María Solar na fin de semana e a través da primeira canle.

Nesta undécima temporada, o programa contará coas colaboracións de Eva Mejuto (literatura), Luz Castro (videoxogos), Afonso Becerra de Becerreá (teatro) e Xosé Manuel Buxán Bran (artes plásticas).

No primeiro programa, ‘Zigzag’ convida este luns os programadores do FIC Bueu, festival de cine que se desenvolve estes días con grande éxito de público. O espazo da G2 falará tamén con máis directores de festivais de cine que se celebran este outono para ver como encaran a nova normalidade.

Por outro lado, o programa acudirá ao Plataforma, a primeira edición deste festival de performances, que se celebra estes días en Compostela. Tamén visitará no Marco de Vigo a exposición da artista Yolanda Herranz e despedirase con High Paw, unha das artistas que actuará no Revoltallo de Vigo, un festival que celebra a súa edición número 27 na fin de semana.

Fuente Crtvg.es