No cuartel están moi ocupados intentando descubrir a súa identidade e por que atacou a Santos
Santiago, 23.01.2022.- Os seguidores da serie ‘A lei de Santos’ (23:10 h) verán hoxe como no cuartel de Viladesantos están moi ocupados intentado descubrir a identidade da misteriosa asasina que atacou a Santos e o por que.
Debido á vinculación persoal con Santos, Uxía non pode seguir no caso, pero iso non supón que vaia quedar de brazos cruzados e comeza unha investigación pola súa conta. A súa primeira medida é falar con Peixe para coñecer o verdadeiro pasado de Santos en Serramoura.
Pola súa parte, a asasina misteriosa segue en Viladesantos agardando a mellor oportunidade para rematar o traballo. O seu plan pasa por conseguir un traballo na vila e buscar a forma de acabar con Constante.
Fuente Crtvg.es