A busca de Monchiño prosegue esta noite en ‘Serramoura’

0
7

A Garda Civil traballa coa hipótese de que alguén o retén contra a súa vontade, pero Roi aposta por novas liñas de investigación

A busca de Monchiño prosegue esta noite en 'Serramoura'

Santiago, 11.10.2020.-   Os espectadores da TVG verán esta noite como toda ‘Serramoura’ (22.35 h) participa na busca de Monchiño, o sobriño de Marga, pero, a pesar dos esforzos, aínda non se atopou ningunha pista do pequeno. O posto de mando da Garda Civil traballa coa hipótese de que o neno non marchou por vontade propia e que alguén o retén contra a súa vontade, pero quen faría algo así?

Aínda que todos manteñen a esperanza de atopar a Monchiño, Roi é o único que aposta por novas liñas de investigación. Os pendentes que levou unha das mestras do neno ata o cuartel pertencen a Raquel, pero iso implicaría que a irmá de Marga está viva. Como é posible?

Fuente Crtvg.es