A cantante gaditana Natalia, convidada no ‘Bamboleo’ deste sábado

0
43

Santiago, 09.09.2023.-    ‘Bamboleo’ contará esta noite coa presenza da cantante gaditana Natalia, unha artista que segue ao pé do canón 20 anos despois de saltar á fama tras o seu paso pola primeira edición de OT. Xunto con Natalia, a orquestra Furia Joven e o grupo Monoulious DOP serán tamén protagonistas desta nova entrega do espazo de variedades presentado por Xosé Manuel Piñeiro e Lucía Regueiro.

Natalia estará presentando o seu último sinxelo, titulado ‘Cien X cien’, en que lle canta ao desamor e explora ritmos dance e urbanos. A gaditana compartirá tamén outros grandes éxitos da súa carreira, como ‘Besa mi piel’, un bombazo dos anos 2000 que soará con forza sobre o escenario do Bamboleo.

Monoulious DOP presentarase á cita desta noite co seu ‘Sábado’, un tema moi discotequeiro. Mentres, a orquestra Furia Joven fará gala ao seu nome e amenizará a festa cunha selección musical moderna e moi bailable.

Ademais, actuarán en ‘Bamboleo’ Xak e Ana Furia, os campións de España de breaking, unha disciplina que está a medio camiño entre o deporte e danza, que van participar nos Xogos Olímpicos de París de 2024.

A Jrileira’ convidará a participar as comisións de San Ramón de Guísamo, en Bergondo; San Antonio de Abade, de Mirón, en Pontecaldelas; Nosa Señora das Neves, na Capela, e KM0 Virxe das Dores, de Lalín. As comisións gañadoras xogarán a final cantando e adiviñando intérpretes.

Cara ao final do programa chegará a sección máis picante, a ‘ITV do Amor’, en que unha parella de namorados porá a proba a súa relación para intentar gañar un fantástico premio.

Fuente Crtvg.es