A cantante India Martínez e a cómica e actriz Sara Escudero xúntanse con Greta Thunberg no ‘Land Rober Tunai Show’

0
15

Volven ao programa as aventuras da familia de mariscadoras e o reto xeracional por excelencia: Xubilados VS Millennials

A cantante India Martínez e a cómica e actriz Sara Escudero xúntanse con Greta Thunberg no 'Land Rober Tunai Show'

Santiago, 23.01.2020.-  Este xoves visita o ‘Land Rober Tunai Show’ (22.15 h) unha artistaza. A cantante andaluza India Martínez vén pintar a mona nunha noite onde vai alucinar co público do programa e descubrir o mellor humor: o dos galegos.

Outra das sorpresas da noite é que volven as aventuras da familia de mariscadores. Nesta nova entrega, Josito únese á causa ecoloxista coa visita de Greta Thunberg no ‘Land Rober’. Vai ser brutal, porque a cómica e actriz Sara Escudero ten moito que ver nesta tolería.

Ademais, para unir grandes e pequenos, volve o reto xeracional por excelencia: Xubilados VS Millennials. Quen conseguirá o liderado do xogo que enfronta a grandes e pequenos? Tampouco faltarán David Perdomo e Eva Iglesias no show presentado por  Roberto Vilar, que, unha semana máis, ofrecerá o mellor humor da Televisión de Galicia.

Fuente Crtvg.es