A cantante Pili Pampín será este luns a estrela convidada no programa ‘A Voltas coa Música’

0
14

Axudará os concursantes nas distintas probas e tamén amenizará o público co seu éxito ‘Trapalladas’ (22.35 h)

A cantante Pili Pampín será este luns a estrela convidada no programa 'A Voltas coa Música'

Santiago, 16.11.2020.-   Pili Pampín será a estrela convidada que axudará os concursantes da entrega deste luns de ‘A Voltas coa Música’, programa en que os xogadores deberán amosar os seus coñecementos musicais mentres dan voltas sobre si mesmos nun disco que non para de xirar. Ademais, cantará o seu éxito ‘Trapalladas’ para amenizar o público mentres os concursantes descansan.

Os valentes que probarán sorte esta semana serán José, de Lugo; Carmen, de Vigo; David, da Coruña; Vane, de Carnota, e Roi, de Pontevedra, que terán que acertar as preguntas que lles formule Luís Piedrahita e superar as probas do programa para levar os cartos en xogo e, se poden, dobralos no ‘Chimpún final’.

Fuente Crtvg.es