A característica voz resgada de Bonnie Tyler, unha das grandes estrelas do rock, encherá esta noite o escenario do ‘Luar’

0
15

Santiago, 10.12.2021.-   O programa ‘Luar’ recibirá este venres a visita dunha estrela internacional: a cantante e compositora galesa Bonnie Tyler, unha das grandes figuras do rock, cunha carreira que abarca case catro décadas. A súa voz resgada, que tanto a caracteriza, permitiulle converter en eternos temas como ‘Hero’ e ‘It’s a heartache’, que hoxe interpretará no escenario.

Esta última canción é a que lle serve de base á formación La Sonora Callejera, un proxecto que combina a música e o humor, para facer a súa particular versión popular galega, ‘Esmaghare’, da que poderán gozar os espectadores da Televisión de Galicia.

O espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso e Trisha Fernández tamén contará coa presenza da cantante galega de música lixeira Sabela, que, con máis de 30 anos no mundo da música e 14 discos no mercado, é unha das intérpetes máis representantivas do panorama galego.

Polo escenario tamén pasará a formación Trazantes de Tenorio, que leva máis de 30 anos ao son da gaita e da pandeireta, tratando de recuperar danzas e cantigas antigas e fomentando o interese polo folclore tradicional.

O Grupo La Bamba e a charanga Leña Verde completan o cartel musical dun ‘Luar’ que contará, coma sempre, cun novo duelo no concurso ‘Recantos’, hoxe coa participación de Mixel, procedente de Galicia Centro, e Xisela, representante da comarca Terras da Coruña.

Fuente Crtvg.es