A CRTVG, premiada pola Asociación do Día de Galicia en Asturias

0
12

Santiago de Compostela, 17.09.2021.- A Corporación de Radio e Televisión de Galicia foi distinguida nos premios anuais da Asociación do Día de Galicia en Asturias, que foron entregados este mediodía en Oviedo, pola súa “traxectoria, profesionalidade informativa e a súa excelente promoción da cultura”.

Xaime Arias, director de Proxección Social da CRTVG, recolleu o galardón nun acto celebrado na Cámara de Comercio da capital asturiana, no que tamén foron distinguidas outras empresas e institucións de Asturias e Galicia, como a empresa Bodegas Gallegas, da Ribeira Sacra, produtora do viño Rectoral de Amandi; o grupo farmacéutico con sede no Porriño Zendal-Biofabri; a Federación Nacional de Asociacións de Empresarios e Traballadores Autónomos (ATA); ou o IMOMA, o Instituto de Medicina Oncolóxica e Molecular de Asturias.  

Neste acto anual, a Asociación do Día de Galicia en Asturias quere render homenaxe a aquelas empresas e profesionais que contribúen a “promover a nosa cultura, pola súa traxectoria ou vinculación empresarial con Galicia”.

Na súa intervención, o director de Proxección Social da Corporación agradeceu o recoñecemento, en nome de todos os premiados, e salientou a gran relación que une a Galicia a Asturias tanto no eido cultural e social como no económico e empresarial.

Fuente Crtvg.es