A desaparición de Monchiño colle por sorpresa toda a vila de ‘Serramoura’

0
5

A pesar de que os efectivos da Garda Civil están facendo todo o posible, os veciños non tardan en organizar a súa propia busca

A desaparición de Monchiño colle por sorpresa toda a vila de 'Serramoura'

Santiago, 04.10.2020.-   En ‘Serramoura’ (22.35 h) a felicidade sempre se paga e iso é que lle pasará hoxe á familia Neira despois de que Marga aceptase o posto que lle ofrecían en Madrid. E é que a desaparición de Monchiño colleu toda a vila por sorpresa.

Sen tempo que perder, o cuartel de Serramoura puxo en marcha un operativo de busca en toda a vila sen que houbese novidades, polo que Tomás non dubida en encargarlle a Roi que investigue pola súa conta e este atopará nos debuxos do neno unha pista fundamental para establecer unha teoría.

A pesar de que os efectivos da Garda Civil están facendo todo o posible, os veciños de Serramoura non tardan en organizar a súa propia busca. Moncho, moi afectado pola desaparición de Monchiño, informará a Evaristo de cada movemento do cuartel para coller o sospeitoso o antes posible. Conseguirán dar co paradoiro do pequeno?

Fuente Crtvg.es