A G2 achégase á Galicia vencellada ao mar coa estrea do documental ‘Vivindo do mar’

0
14

Os sectores económicos galegos relacionados co mar deben encarar novos desafíos de futuro, como o ‘brexit’ e a remuda xeracional

A continuación, poderase ver o documental ‘A cidade que naceu do mar’, a historia inspiradora da primeira muller capitá de barco de Namibia

A G2 achégase á Galicia vencellada ao mar coa estrea do documental ‘Vivindo do mar’

Santiago, 01.06.2021.-   Na noite dos martes os documentais con selo galego son protagonistas da programación da G2. Nesta ocasión, a canle pública ofrecerá unha dobre sesión, que principia coa estrea de ‘Vivindo do mar’ (23.30 h), realizada en 2020 por Carlos Hernando.

Os sectores económicos galegos vencellados ao mar afrontaron durante séculos obstáculos diversos de diferente natureza: a entrada na antiga Comunidade Económica Europea, reestruturación de frotas, repartimento de cotas, naufraxios, reconversións navais… Galicia soubo saír reforzada destas circunstancias, mais agora debe encarar outros desafíos de futuro, como o ‘brexit’ e a remuda xeracional.

A continuación, a proposta documental na G2 seguirá coa emisión de ‘A cidade que naceu do mar’, producido en 2019 por Nova Pescanova arredor da historia inspiradora de Nelago, a primeira muller capitá de barco de Namibia e de Lüderitz, a vila africana que naceu do mar grazas á pesca.

Fuente Crtvg.es