A G2 estrea esta semana o documental ’30 anos actuando: que nos quiten o bailado’, sobre a traxectoria da compañía Teatro do Noroeste

0
7

Baixo a dirección de Eva Alonso, o filme (23.25 h) inclúe imaxes de arquivo de gran valor patrimonial

A G2 estrea esta semana o documental '30 anos actuando: que nos quiten o bailado', sobre a traxectoria da compañía Teatro do Noroeste

Santiago, 30.03.2021.-    A segunda canle da Galega estrea este martes, dentro de ‘A noite da descuberta’, o documental ‘30 anos actuando: que nos quiten o bailado’, que narra a traxectoria de Eduardo Alonso e de Luma Gómez en relación á súa compañía Teatro do Noroeste, fundada no ano 1987.
    
Ao longo do seu percorrido, de máis de 20 anos, o grupo de artistas produciu e distribuíu unha grande cantidade de espectáculos de carácter clásico e contemporáneo, así como de autores galegos. Ademais, os seus compoñentes principais, Luma e Eduardo, contan cunha ampla experiencia nos escenarios e conforman unha parte fundamental do legado cultural de Galicia.
    
Baixo a dirección de Eva Alonso, e producido por Chiripa Producciones, o filme afonda, na voz dos propios protagonistas e doutros personaxes importantes relacionados con eles, nunha boa parte da historia do teatro galego, e inclúe imaxes de arquivo de gran valor patrimonial.

Fuente Crtvg.es