A historia dun amor de instituto, o de Noelia e César, este martes, no programa ‘Casamos!’

0
79

Despois de comezar a mocear, os seus camiños separáronse durante dez anos, pero cando volveron coincidir todo foi felicidade na parella

A historia dun amor de instituto, o de Noelia e César, este martes, no programa 'Casamos!'

Santiago, 02.05.2023.-    Noelia e César, os protagonistas deste martes do programa ‘Casamos!’ (22.35 h) coñecéronse hai máis de 20 anos no instituto ao que acudían os dous. O primo de Noelia foi o intermediario necesario para que a parella cruzara os seus camiños e axiña comezaron a mocear.
    
Noelia namorou totalmente e pediulle saír a César, pero el dixo que non. Os seus camiños separáronse durante dez anos, pero despois dese tempo volveron coincidir e aí xurdiu o amor. O primeiro bico non tardou en chegar e, a partir dese momento, todo foi felicidade na parella.

Agora casan nunha voda do máis agardada, onde a familia e os amigos arrouparán estes dous mozos de Sada.

Fuente Crtvg.es