A G2 estrea este martes a longametraxe ‘Ferrín Arraiano’, sobre a vida, a obra e os intereses de Xosé Luís Méndez Ferrín

0
21

Está dirixida por Aser Álvarez, que hai 20 anos forxou unha fonda amizade co escritor ourensán, que perdura no tempo e que é o punto de partida desta peza audiovisual

A G2 estrea este martes a longametraxe 'Ferrín Arraiano', sobre a vida, a obra e os intereses de Xosé Luís Méndez Ferrín

Santiago, 11.10.2022.-    A segunda canle da Galega estrea este martes, dentro das súas ‘Noites Temáticas’ (00.10 h), a curtametraxe documental ‘Ferrín Arraiano’. O seu director, Aser Álvarez, e o escritor Xose Luís Méndez Ferrín coñecéronse persoalmente en Vilanova dos Infantes, en Ourense, na casa familiar do autor, hai máis de 20 anos. Alí forxouse unha fonda amizade que perdura no tempo e que mesmo é o punto de partida desta peza audiovisual, en que Ferrín fala sobre a súa vida, a súa obra e tamén sobre as cousas que máis lle interesan.

Unha desas teimas é a Raia Seca, un territorio borroso onde se localizan os relatos da súa obra ‘Arraianos’, unha das obras mestras dun grande autor que leva toda a súa carreira literaria cruzando fronteiras, consciente de que na raia sempre acontecen as cousas interesantes porque o sentido da vida é cruzar fronteiras. E por iso este documental, chamado ‘Ferrín Arraiano’.

Fuente Crtvg.es