A G2 estrea este martes a moviedoc ‘O segredo de Bélmez’

0
15

Dirixida por Juan Miguel del Castillo, conta, por un lado, con testemuños que axudarán a comprender este fenómeno e, por outro, cunha trama de ficción  

A G2 estrea este martes a moviedoc ‘O segredo de Bélmez’

Santiago, 21.09.2021.-  A segunda canle da Galega amosará esta noite de martes ‘O segredo de Bélmez’ (23.25 h), un novo documental de estrea dirixido por Juan Miguel del Castillo e participado pola TVG.

Con formato de moviedoc, presenta, por un lado, testemuños que axudarán a coñecer a historia das caras de Bélmez de la Moraleda. Paralelamente, nunha trama de ficción, coa axuda dun xornalista especializado en casos paranormais, unha nai que quedou viúva recentemente axuda o seu fillo, que ten pesadelos relacionados coas caras de Bélmez.

Fuente Crtvg.es